Páxina oficial da Escola de Tempo e Aire Libre Néboa

NOVO CURSO DE MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2013

Escrito por : Neboa
Jueves, 17 enero, 2013

XA ESTÁ ABERTO O PLAZO PARA MATRICULARSE.

A ESCOLA DE TEMPO E AIRE LIBRE NÉBOA convoca un novo curso de Monitor de actividades de tempo libre que dará comezo o próximo 16 de febreiro e rematará sobre o 8 de xuño.

O  plazo de matrícula permanecerá aberto ata o 6 de febreiro.

 

Nos documentos adxuntos podedes atopar a información e o impreso para a inscrición.

Inscrición curso e información

 

Triptico curso MTL 2013

 

Para máis información podedes pasar polo local da asociación sito en Muchiqueira 24, Neda, ou ben  chamar a: 981 34 76 90 (en horario de tarde) ou no 669 111 183.



0 Comentarios

FILOSOFÍA DE NÉBOA

Escrito por : Neboa
Lunes, 3 diciembre, 2012

Néboa y su Filosofía

Néboa, a súa Filosofía



1 Comentario

IMBOLG

Escrito por : Neboa
Domingo, 19 febrero, 2012

O Imbol é unha celebración celta asociada ó mundo femenino.  É unha festa moi antiga relacionada co espertar da terra representada como unha muller: A deusa Brigit ( “ A Alta”  “a saeta de lume” …) .  Éla é protectora do gando da colleita, do fogar dos nensos,  dos artesans, da maxia, da profecía, …

Conta a lenta que cando Brigit naceu unha columna de lume que chegaba ó ceo saiu da súa casa. Brigit é filla de Dagda e da deusa Dana, aínda que hai versións que a fan filla de Dagda e Morrighan ou de Dagda de Boann, incluso algunha circula asemellandoa á propia Dana e nai de Dagda.  Os seus irmáns eran Ogna 8boca de mel) Mihdir e Angus Mac Og.

Na súa forma de triple deusa é a doncela, a muller e a anciá. Idéntificase coas matroas, por iso moitas veces vai acompañada de elementos que indican a fertilidade, froitas, cereais, amamantando nenos, … En Gales é considerada como Arianrohd, a señora do fiminino e Ceridwen como proveedora de Awen (inspiración- de ahí que sexa a patroa de bardos e poetas).  Dentro do mundo clásico as súas funcións serían as de Artemisa (xemelga de Apolo).

A importnacia desta festividade e a desta deusa é tal que permaneceu ata os nosos dias. Primeiro convertiron a deuysa  nunha santa cristia:  Santa Brígida. contase da santa,  que era filla dun príncipe do Ulster, e que, xa de moi nena foi vivir ó oco dun carballo en Kildare, alí foi instruida por un druída e toda a súa vida estivo relacionada coa maxia. De maior fundou  o monasterio de Kildare (Cill Dara ou hermida dos carballos).  Un dos miragres que fixo ten relación co neno deus, xa que nalgunhas lendas din que foi a comadroa qeu asistiu á virxe, i é que cando os soldados andaban  buscando ó Neno Deus para matalo ela conseguiu distraelos facendo ver ós seus perseguidores que  o seu cabelo vermello estallaba en longas lapas de lume pero sin arder. Este feito deuelle o nome de  Muime Chriosd ou “Nai adoptiva de Cristo.

En Kildare  as sacerdotisas de Brigit, e logo as monxas de Santa Brígida,  mantiñan o lume ardendo ó longo de todo o ano na súa honra. Contan qeu  o monastrio estaba separado por un seto  que os homes non debian cruzar so pena de morrer, quedar tolos ou impotentes.  Esto garda relación coa illa das mulleres (Avalón) , Illa do  Outro Mundo onde as mulleres mantiñan o caldeiro da iluminación ou o caldeiro de Annwn (señora  da transmutación e a transformación)  aceso todo o tempo, caldeiro que se convertiu máis tarde  no Santo Grial. Conta a lenda que as sacerdotisas encargadas do lume eran 9 como as nove musas que quentaban o caldeiro co seu alento, outros pola contra pensan que eran 19 como os anos que fan falla para compeltar o gran ano celta.

Animais asociados á deusa son:
- A vaca blanca do outro mundo, como símbolo  de que é a protectora do gando.
-  Cisne blanco, como comadroa, xa que baixo esta forma coida dos nenos recén nados.
- A serpe como señora da sabidoria e da renovación. A Vella Arpía do Inverno transformase ou transmútase en Brigit a fermosa doncela.

O seu amuleto é unha  cruz  esvática de brazos iguais.  Outro dos seus símbolos é a frecha, non en van un dos seus nomes é a” frecha ardente”. As frechas son símbolos de chamanes e sacerdotes, videntes e adiviños,  .., é o símbolo da inspiración diviña..

Non se coñece ben en que consiste a celebración do imbolg escepto que era unha festa  predominantemente fiminina. O qu e si se sabe e que se facía unha lipeza do fogar  e bendecíase no nome da deusa. Outros din qeu se bendecían as sementes e a terra para que esta fose máis fértli..

Aquí en España celebrase a Candelaria . Así en izagre (León) tñeen o costume de tocar a campá a “Tente nube” para espantar a nubeiros e tronantes e que o bo tempo permita preparar a terra para a súa semente.  En varios sitios, entre eles Laza (Ourense) hai o costume de darlle unha volta a un terrón, ou determinadas pedras, para que pare de chover, ou para que chova,  e propiciar o bo tempo, esto parece ter unha orixe moi antiga xa que conta Estrabon que  en Segres (Portugal) os labregos adoitaban a dar a volta a unha seire de pedras (molechos) para que  chovese.

Creíase qeu a deusa pasaba pola noite a bendecir a casa e o gando, e deixabaselle leite, bizcoito, mantequilla, mel, pan,  trigo para a vaca, un trozo de tea, …. o que se deixaba gardábase para usar de talisman en tempos difíciles.  Aínda hoxe o día da Candeloria lévanse os moletes do pan a bendecir para comer logo na casa e protexer á familia. O pan bendito que sobra gárdase .  Continúa a ser a festa do lume non en van se bendice o lume e as candelas que logo se levan para a casa e gardánse como talisman para poñer a arder os días de tornemanta

A festa do imbolg  foi permanecento ó longo dos séculos, e transformandose poco a pouco. Así temos que  en Santiago de Compostela e a Coruña, as mulleres de finais do século XIX pensaban que as candelas acesas o día da Candelaria eran as únicas luces que podían ver os seús fillos mortos antes do bautizo. Era o comezo da luz e da preparación da terra para a semente. Aínda hoxe é o día no que se bendicen as velas e estas gardanse nas casas como talisman para os días de tormenta e tronos, nos que se acenden para solicitar axuda a Santa Barbara.

Hai varios versos relacionados co tempo e a Candelaria:

Se a señora da luz Chora
Mitade do inverno vai fora
Se a Señlora da luz  da a rir
O inverno esta por vir.

Ou este outro:

Pola Candeloria mitade do inverno vai fora
Se a Candeloria chora vai  o inverno  fora.
Se rí, o inverno quer vir
Mais cal chorar cal rir
Mitade do inverno esta por vir.

Ou este outro:

Pola Candeloria, si chove ou fai vento
Aínda o inverno esta dentro.



0 Comentarios

FESTIVIDADE CELTA DE IULE

Escrito por : Neboa
Miércoles, 30 noviembre, 2011

FESTIVIDADE CELTA DE IULE: Corresponde co  solsticio do inverno (a noite máis longa do ano), e representa o renacemento do deus da luz, representado polo sol. Esta celebración  pasada ó Calendario Xuliano quedou transformada no 25 de decembro (día de Nadal).  De feito a celebración é moi semellante na súa celebración con reunións, comidas,  decoracións, agasallos, …

Nestas datas é venerado o deus da luz, asimilado co sol nas múltiples culturas (Apolo en Grecia, Mitra en Persia, k’inich Ahaw para os Maias, Utu  en Mesopotamia, Ra en Exipto, …).  Pero tamén é venerada como señora da luz  a deusa,  xa que permite renacer ou resucirar ó deus como fillo seu. A deusa, representada como a Terra,  acolle nos eu seo,  o corpo do deus anciá aló polo samhaín.  O deus percorre, desde o samhaín ata o solsticio de inverno, un camiño cheo de  atrancos e perigos,  pero vence á escuridade i é nestas datas nas que a terra (a deusa)  o deixa emerxer (nacer), ahora sí,  renovado en forma de recén (Neno Deus).

Este neno é a esperanza, a mostra de que  O Deus  non nos abandoa, de que o Todopoderoso Señor da Luz  venceu unha vez máis e  reina sobre a face da terra, non esquezamos  que é o sol o que permite a vida no noso planeta.

O Solsticio do inverno é o día a partir do que  o sol comeza a ganar cada día uns minutos á noite, acariciando co seu calor a superficie da terra para que aló polo Imbolc a Terra (representada como unha deusa anciá) esperte do seu letargo  (transformándose a vella nunha fermosa rapaza) para ser fecunda de novo.

A celebración dura arredor de 12 días. As casas son decoradas de vermello e verde, cores do acebo rei do inverno, que deixa paso ó rei do verán, o carballo. Fanse banquetes en familia onde a comida e a bebida corre  a raudales.  É tempo de ledicia e maxia.

Unha das tradicións  consiste en queimar o Leño de Nadal, que non é máis que un grande tronco que se pon a arder cos carbóns do Leño de nadal do ano anterior.  O leño debe arder, a poder ser, ó longo dos 12 días que dura a celebración ou como mínimo 12 horas. Queimase para atraer sorte e abundancia  á casa e, as cinzas gárdanse para curar determinada doenzas, ou se esparcen  polo campo para facelo fértil.

 

 

¡Feliz IULE a todos,

Acivro

 

 

 



0 Comentarios

ACONDICIONAMENTO DE BUNGALOW PARA RAPACES CON DISCAPACIDADE

Escrito por : Neboa
Miércoles, 23 noviembre, 2011

Opasado mes de setembro a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA, comunicábanos que nos concedía unha subvención de axuda para dotar o bungalow destinado a dormitorio de rapaces con discapacidade na área natural de Vilarbó, lugar onde se realizan Campos de Traballo para rapaces con discapacidade psíquica.

Esta foi unha grata noticia para nós xa que polo mes de xuño comezamos a facer as obras (luz, peche, …)   e as compras (literas, colchons, …) de acondicionamento do bungalow para que este estivese listo no verano a fin de que poidesen facer uso de él os rapaces.

Esta axuda permitenos a merca de algunha litera máis da que xa mercarámos en xuño, completando así  o acondicionamento do bungalow .

 



0 Comentarios
« Older Entries

Secciones

  • Contacto
  • Filosofía
  • Quén somos?

Ligazóns

  • Xunta de Galicia

Entradas recientes

  • NOVO CURSO DE MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2013
  • FILOSOFÍA DE NÉBOA
  • IMBOLG
  • FESTIVIDADE CELTA DE IULE
  • ACONDICIONAMENTO DE BUNGALOW PARA RAPACES CON DISCAPACIDADE
Néboa is proudly powered by WordPress | Entries (RSS) | Comments (RSS)